venres, 31 de marzo de 2017

ACOSO ESCOLAR E SECUESTRO VIRTUAL (CHARLA)

Queremos informarvos que dentro do Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos do Ministerio do Interior, vaise realizar unha charla o martes 4 de abril ás 19 h no Salón de actos do Instituto de Sar co título "ACOSO ESCOLAR E SECUESTRO VIRTUAL"  Esta charla será impartida por D. JOSÉ GONZÁLEZ PÉRTEGA, Delegado de participación cidadana da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Santiago.

Esta actividade está coordinada polo Departamento de Orientación do Instituto e realízase en colaboración coa ANPA. 

Como exemplo, xa se sabe casos de Secuestro virtual en Coruña ou Lugo e sobre acoso coñécense casos a diario.  Cremos que son temas moi serios e importantes e non podemos mirar para outro lado. O tema está de desgraciada actualidade.

EDUCACIÓN EMOCIONAL NA FAMILIA (CHARLA)

O próximo xoves, 6 de abril, haberá no CEIP Apóstolo Santiago unha nova charla resultante da colaboración entre a Comisión NEAE desta Federacion e a Concellería de Servizos sociais de Compostela; neste caso falarase de educación emocional:

"Contribuir á mellora da comunicación no fogar, favorecendo unha contorna familiar máis estábel, e fornecermos dunha nova ferramenta para o axeitado desenvolvemento e apredizaxe das nosas fillas/os".

XOVES 6 DE ABRIL
CEIP APÓSTOLO SANTIAGO
17:00

Haberá ludoteca de balde ao dispor das familias que queiran utilizala; pero, por favor, avisade antes, para que non haxa problemas de espazo, nin de persoal que a atenda.

ENREGUÉIFATE (CERTAME DE REGUEIFAS)

 

O Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela convoca o certame de regueifas en vídeo "Enreguéifate", co obxectivo de promover este tipo de improvisación oral en lingua galega. O certame establece dúas categorías de participación, unha aberta a todas as persoas interesadas e outra destinada a alumnado de ensino non universitario. Para participar cómpre realizar vídeos cun mínimo de 2 persoas regueifando, de temática libre e nos que se empregue a lingua galega. A duración das pezas non debe superar os 3 minutos. O prazo de participación estará aberto desde o 1 ao 30 de abril de 2017. 

Departamento de Lingua galega
Enderezo: Pazo de Raxoi, entrada polo baixo da Travesía de Raxoi, 1º andar
Tel.: 981 542 409 
Formulario: 



Ligazóns: 




mércores, 22 de marzo de 2017

CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA

Está aberta a inscrición para o campamento de Semana Santa que será os días 10,11,12 e 17 de abril

Horario:
De 7:45 a 9:00 ( madrugadores :1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 ( actividades : 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 ( xantar : 5,5 euros por día).

O procedemento de inscrición será: 
• Apuntarse no taboleiro de anuncios (especificar os días, que se desexa asistir) 
• Facer o ingreso en A BANCA:ES80- 2080-0349-82-3040002656
• Entregarlle á coordinadora o xustificante (Mamen). 

A data límite para anotarse é o 31 de marzo do 2017.
A reserva ordenarase pola data de pagamento