sábado, 21 de novembro de 2015

APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía galega, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI. 

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

 As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación

A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.

Soporte técnico de abalarMóbil

Podedes ler o díptico de cómo instalala e usala nesta ligazón.



martes, 17 de novembro de 2015

NOVA AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

Informámosvos unha nova convocatoria de axudas para material escolar, á que non poden acollerse quen xa a solicitara hai un par de meses, que está pensada para os que por algunha razón non a pediron daquela. 

Mediante a Orde do 25 de agosto de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número
166, do 1 de setembro, convocáronse as axudas para a adquisición de material escolar
destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria
ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Agora, mediante a presente orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para
adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas
reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda,
resultase excluído por unha causa emendable.

Podedes descarga-lo artigo do DOG xunto co impreso de solicitude nesta ligazón.

CAMPAMENTO DE NADAL

Comunicado nº 3

Está aberta a inscrición para o campamento de Nadal que será os días 21,22,23,28,29 e 30 de Decembro e 4 e 5 de Xaneiro .

Horario:

De 7:45 a 9:00  ( madrugadores :1,70 euros por día)

De 9:00 a 14:00 ( actividades : 4 euros por día)

De 14:00 a 16:00 ( xantar : 4 euros por día)

O procedemento de inscrición será:
•    Apuntarse no taboleiro de anuncios (especificar os días, que se desexa asistir)
•    Facer o ingreso en A BANCA:ES80- 2080-0349-82-3040002656

•    Entregarlle á coordinadora o xustificante (Mamen).
A data límite para anotarse  é o 7 de Decembro do 2015. A reserva ordenarase pola data de pagamento

ANPA E CLUBE DEPORTIVO DO CEIP LAMAS DE ABADE  (anpaceiplda@yahoo.es)