venres, 11 de decembro de 2015

CONVOCATORIA DE 1ª ASAMBLEA XERAL CURSO 2015/2016

ANPA - Clube Deportivo CEIP LAMAS DE ABADE
CONVOCATORIA DE 1ª ASAMBLEA XERAL CURSO 2015/2016
17 de DECEMBRO de 2015
16.00 pm (1ª Convocatoria)  16.30 pm (2ª Convocatoria)

ORDE DO DÍA: 
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. 
2. Información inicio de curso.
3. Estado de contas
4. Actividades extraescolares
5. Campamento de Nadal
6. Renovación de cargos do Clube Deportivo
7. Modificación estatutos Clube Deportivo
8. Rogos e Preguntas 


Xunta Directiva da ANPA-C.D.  do CEIP Lamas de Abade

sábado, 21 de novembro de 2015

APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía galega, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI. 

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

 As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación

A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.

Soporte técnico de abalarMóbil

Podedes ler o díptico de cómo instalala e usala nesta ligazón.



martes, 17 de novembro de 2015

NOVA AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

Informámosvos unha nova convocatoria de axudas para material escolar, á que non poden acollerse quen xa a solicitara hai un par de meses, que está pensada para os que por algunha razón non a pediron daquela. 

Mediante a Orde do 25 de agosto de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número
166, do 1 de setembro, convocáronse as axudas para a adquisición de material escolar
destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria
ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Agora, mediante a presente orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para
adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas
reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda,
resultase excluído por unha causa emendable.

Podedes descarga-lo artigo do DOG xunto co impreso de solicitude nesta ligazón.

CAMPAMENTO DE NADAL

Comunicado nº 3

Está aberta a inscrición para o campamento de Nadal que será os días 21,22,23,28,29 e 30 de Decembro e 4 e 5 de Xaneiro .

Horario:

De 7:45 a 9:00  ( madrugadores :1,70 euros por día)

De 9:00 a 14:00 ( actividades : 4 euros por día)

De 14:00 a 16:00 ( xantar : 4 euros por día)

O procedemento de inscrición será:
•    Apuntarse no taboleiro de anuncios (especificar os días, que se desexa asistir)
•    Facer o ingreso en A BANCA:ES80- 2080-0349-82-3040002656

•    Entregarlle á coordinadora o xustificante (Mamen).
A data límite para anotarse  é o 7 de Decembro do 2015. A reserva ordenarase pola data de pagamento

ANPA E CLUBE DEPORTIVO DO CEIP LAMAS DE ABADE  (anpaceiplda@yahoo.es)

mércores, 7 de outubro de 2015

AVISOS BOLSAS DE COMEDOR E REUNIÓNS COS TITORES

Bos días. Dende a ANPADE Lamas informarvos do seguinte:

1º AVISO
Saiu a listaxe provisional das bolsas de comedor escolar 2015/2016. Podedes consulta-la lista nesta ligazón do concello.

2º AVISO


Para que se difunda, por si é de interese.
Este é o calendario de reunións cos profesor@ do ceip lamas de abade 


Día 6
outubro
Día 13
outubro
Día 20
outubro
Día 27
outubro
INFANTIL
1º e 2º
3º e 4º
5ºe 6º


Saudos 
ANPA Lamas de Abade


Marisol Perez

martes, 29 de setembro de 2015

HORARIO DEFINITIVO DE ACTIVIDADES 2015-2016



venres, 25 de setembro de 2015

COMUNICADO Nº1. OFERTA DE TRABALLO

Comunicado nº1
Necesitase unha persona para acompañar aos nen@s que usan o comedor, para empezar a traballar o día 1 de outubro de 2015, ate o 31 de maio de 2015.
O horario de traballo é de 13:30 h a 16:30h, de luns a xoves e de 13:30h a 16:00h os venres.
Ofrecese contrato, con alta na SS e retribución segundo convenio.

Interesad@s remitan un curriculum con foto, ate o martes día 29 de setembro as 16:00h, ao correo electrónico da ANPA ou ben nun sobre pechado no buzón da ANPA no cole.

anpaceiplda@yahoo.es

xoves, 10 de setembro de 2015

NENOOS. TALLERES GRATUITOS PARA PROBAR A ACTIVIDADE

Este ano os nenos do CEIP Lamas de Abade poden elexir como actividade extraescolar, entre outras, a actividade Nenoos. Para que eles proben se lles gusta ou non ofrécenlles a posibilidade de asistir a tallares gratuitos antes de que actividade comence no centro. Engadímosvos a información que nos deron:

NENOOS Santiago presenta su innovador método educativo 

Este nuevo curso, vuelve el método educativo NENOOS. Los más peques podrán beneficiarse de una metodología innovadora para desarrollar la inteligencia de forma divertida y eficaz a través de un enfoque global MIND+BODY+EMOTION (mente+cuerpo+emociones). 

Como una imagen vale más que mil palabras, queremos invitaros a nuestro centro. Nos encantará conoceros, presentaros nuestro proyecto educativo y que vuestros peques descubran de primera mano el método NENOOS en nuestros talleres gratuitos. ¡Id reservando fecha! :)

Fechas
: Jueves 17 y 24 de septiembre: 17h y 18h
               Viernes 18 y 25 de septiembre: 17h y 18h
               Sábados 19 y 26 de septiembre: 11h y 12h
Lugar:  Centro NENOOS Santiago, C/Laverde Ruiz, 3, bajo izq. Santiago de Compostela
Edades: de 3 a 13 años


Y además, el 12 de septiembre estaremos todo el día en el C.C As Cancelas para celebrar el cumple de Celi. ¡Ven a celebrarlo con nosotros!

Inscripciones: santiago@nenoos.es o llamando al 981 938 944
Las plazas son limitadas

mércores, 2 de setembro de 2015

AXUDA DE 50€ PARA MATERIAL ESCOLAR

Bos días, nais e pais. Estamos a piques de comezar un novo curso escolar e todos sabemos ben todos os gastos que supón equipar aos nenos con todo canto precisan na escola. Pero a Xunta danos un respiro xa que podemos solicitar unha axuda de 50€ para material escolar por cada neno, sempre que a renda per cápita non supere os 5400€. Temos todo o mes de setembro para presentar o formulario, que se pode entregar no noso centro.

Neste enlace podedes consultar o artigo do DOG no que se publica o tema da axuda. O formulario para rellenar podedes velo e descargalo nesta outra ligazón.

martes, 23 de xuño de 2015

CADRO DE ACTIVIDADES 2015-2016

Xa fixemos o cadro de actividades extraescolares programadas para o vindeiro curso 2015-2016. Se non o vedes ven, podedes velo en grande ou descargalo premendo nesta ligazón

CAMPAMENTO TEMÁTICO: “A NOSA TERRA”

Agora que precisades conciliar a vida laboral coas vacacións dos pequenos tedes opcións coma o campamento temático "A nosa terra" no CEIP As Fontiñas. Nesta ligazón podedes acceder á información e á folla de inscrición.

O centro de interese do campamento urbán de Agosto 2015 xira ó redor dunha temática fundamentalmente medioambiental. Durante o mes de Agosto faremos unha viaxe a través do Sistema Solar do que nós formamos parte vivindo no planeta Terra, e tendo como un dos obxectivos o coidado da mesma. Comezaremos descubrindo e explorando o planeta Terra, que é a nosa gran casa e no que todos os seres vivos conviven. Aprenderemos que o noso fogar hai que coidalo e protexelo, a través de actividades de que fomentan o coñecemento e o respecto polo Medio Ambiente, combinadas tamén con outras dirixidas coñecer costumes e tradiccións da nosa terra.

Actividades:
  • Obradoiros de reciclaxe.
  • Saídas e xogos medioambientais.
  • Obradoiros de cultura tradicional.
  • Ximkanas e grandes xogos de exterior.
  • Obradoiros de cociña
  • Xogos de auga

ORGANIZA: FEDERACIÓN DE ANPAS “COMPOSTELA”

domingo, 21 de xuño de 2015

SOLICITUDES DE BOLSAS DE COMEDOR PENDENTES DE DOCUMENTOS

Xa está publicada a lista de das persoas que teñen  que presentar documentación para a subsanación das solicitudes de comedor. Recordámosvos que tedes un prazo de presentación de 10 días. Poderedes consultala con colexio. Para calqueira consulta ou dúbida, consultádelle a Mamen, que é a coordinadora do comedor.
Bolsas de comedor escolar. Curso 2015/16
En cumprimento do establecido na base reguladora 11, da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar para o alumnado dos centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago, para o curso 2015/2016 (BOP núm. 85, do 08/05/2015), publícase a relación de persoas solicitantes de bolsas de comedor que deben emendar a súa documentación, para que no prazo de 10 de hábiles, contados dende o 18 ao 30 de xuño de 2015, ambos os dous incluídos, acheguen os documentos requiridos, indicándoselles que, de non facelo neste prazo, se considerará que desisten da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos términos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os códigos da documentación requirida están recollidos nas bases da convocatoria BOP núm. 85, do 8 de maio.
Así mesmo, advírteselles as/os solicitantes que non se atopen nesta relación, que poden considerar que a súa documentación está completa, sen prexuízo, de que poidan existir outros incumprimentos das bases reguladoras da convocatoria.

xoves, 18 de xuño de 2015

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2015-2016

Mañá remata o curso escolar e xa estamos a preparar o seguinte. Onte no Diario Oficial de Galicia publicouse o calendario escolar para o próximo curso 2015-2016. Podedes acceder ó documento premendo NESTA LIGAZÓN. Disfrutade coas vacacións e repoñede ben as pilas para a nova tempada.

mércores, 10 de xuño de 2015

VOLVER AO SISTEMA DE PRESTAMO UNIVERSAL DE LIBROS DE TEXTO EN GALICIA

As ANPAS de Compostela prepararon un escrito dirixido á Consellería de Educación da Xunta de Galicia reivindicando a gratuidade do ensino público. Nesta ligazón podedes acceder ó escrito e a firmalo para unir as nosas forzas.

https://www.change.org/p/conselleria-de-educacion-da-xunta-de-galicia-volver-ao-sistema-de-prestamo-universal-de-libros-de-texto-en-galicia

O Ensino público debe ser gratuíto, e non o será en tanto esa gratuidade non alcance á todalidade da atención que precisa a infancia e xuventude para se formar, sexan infraestruturas, sexa profesorado, sexan o material didáctico que teña que utilizar.

E a gratuidade non pode ter matices, gratuíto implica que todo o mundo ten dereito a non volver a pagar por participar do Ensino Público, xa pagamos cando tributamos, e xa o facemos dun xeito diferente segundo as nosas rendas porque teoricamente os impostos gravan dun xeito progresivo.

E ten que ser universal porque é a única garantía de que no Ensino Público non vai haber nenos diferentes, non vai haber nenos con libros novos e nenos con libros vellos, todos e todas participarán dun mesmo programa e da mesma maneira.

E ademais outorga un inmenso valor engadido: os nosos fillos e fillas aprenderán directamente o valor do coidado, da reutilización, do traballo para o grupo, a importancia de compartir e vivir en común.

E por último, é un sistema máis barato para o presuposto público que calquera baseado na subvención persoal; cal é entón a razón pola que non se utiliza? Pois haberá que lle preguntar aos poderes económicos que saen beneficiados desta decisión pública, probablemente aí estea a chave.

venres, 22 de maio de 2015

REXEITAMOS A REVÁLIDA DE 3º DE PRIMARIA


Os nenos e nenas de 8 anos que están a estudar 3º de primaria van ter este ano unha nova proba de obstáculos; a finais do mes de maio terán que facer un exame que, segundo a consellería, servirá para "orientar e informar". Na Confederación ANPAS GALEGAS pensamos que se a Administración quere ter información sobre a educación dos nosos fillos e fillas, o que ten que facer é preguntarlle ó profesorado e ás familias, e respectar a avaliación continua que fan os profesionais do ensino público
As familias galegas opinamos que a proba de avaliación individualizada de terceiro de primaria que establece o art. 20.3 da LOMCE, e que se van celebrar en Galicia a finais do mes de maio e inútil e innecesaria e rexeitámola porque:
É innecesario someter aos nenos e nenas a un exame do que os seus resultados non aportarán absolutamente ningunha información máis aló da que se podería conseguir consultando aos seu profesorado.Ninguén mellor que este para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades e dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a súa aprendizaxe.
Afonda na xerarquización do coñecemento, limitándose a avaliar o ámbito lingüístico e matemático, menosprezando a adquisición doutras competencias, do campo artístico, musical e físico, refusando o ensino da nosa historia e medio natural, e desprezando a nosa lingua, que só serve para ser autoavaliada.
Esa orientación do curso cara a un exame final incidirá na inclusión da diversidade, xa que aquel alumnado que teña adaptación curricular ou non teña competencia lingüística abonda fará a proba pero os seus resultados non contarán na avaliación do conxunto.
Despreza o traballo dos docentes, despoxándoos da súa capacidade de avaliación do seu propio alumnado e orientándoo a preparación do alumnado para a obtención da mellor nota posíbel na avaliación final, favorecendo a marxinación doutros aspectos educativos fundamentais nesta etapa educativa
Desprézanos tamén ás familias, que somos consideradas nesta Lei, como elementos externos aos que hai que informar única e puntualmente do grao de adquisición das competencias avaliadas; e non como axentes activos que participamos na educación dos nosos fillos e fillas.
Responde a pretensión de establecer categorías de centros públicos, de profesionais do ensino e mesmode zonas xeográficas, coa intención futura de diversificar discriminadamente os investimentos educativos.
Pretende ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que vai excluíndo os sectores máis desfavorecidos da educación.
Por todo iso defendemos a avaliación continuada e aos profesionais que a realizan, e rexeitamos as probas de terceiro de primaria.


Poñemos á vosa disposición unha explicación do que en teoría implica a reválida, seguida do razoamento sobre o que significará realmente para os nenos, os mestres, o centro, os pais e mesmo ó resto de contribuíntes. Podendes descargala premendo no seguinte enlace:

Pedímosvos que protestedes contra esta proba cumplimentando a seguinte carta de protesta que logo poderedes entregar no centro. Ademáis de un  medio para expresar a nosa repulsa, supón a una solicitude de pleno dereito para que os datos do noso fillo sexas excluídos do ficheiro denominado avaliación do sistema educativo.

sábado, 31 de xaneiro de 2015

CONFERENCIA SOBRE A LOMCE POR DOWN GALICIA

DATA CONFERENCIA LOMCE

DATA: 
Mércores, 4 de febreiro de 2015

Un saúdo.
Prezad@ amig@,
Desde Down Galicia queremos convidalo á conferencia “LOMCE, unha carreira de obstáculos para unha educación pública e de calidade”, con Federico Mayor Zaragoza, Presidente da Fundación Cultura de Paz, como relator.
Data: Mércores, 4 de febreiro de 2015
Hora: 20:00h
Lugar: Centro ABANCA Obra Social (Praza de Cervantes, s/n – Santiago de Compostela)
Esta conferencia estará aberta ao público en xeral debido á importancia que a aplicación da LOMCE conleva para toda a sociedade, non só para o alumnado, senón tamén para os pais e nais, os equipos docentes e os propios centros educativos. Pode ampliar información na seguinte ligazónhttp://www.downgalicia.org/downgal/federico-mayor-zaragoza-abordara-as-grandes-linas-dunha-educacion-publica-e-de-calidade-en-relacion-a-lomce/
Ademais de contar coa súa asistencia, tamén lle quedariamos moi agradecidos se nos axudase a difundir esta información entre os seus contactos. Moitas grazas
CONTIGO PODEMOS MÁIS!
Un saúdo.
Cartel conferencia
--