A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de xuño de 2014, adoptou o seguinte acordo: a aprobación das bases reguladoras e convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar curso 2014/15
O obxecto da presente convocatoria é regular o procedemento para a concesión de bolsas de comedor ás familias do alumnado dos centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago, para o curso 2014/2015 , de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
As solicitudes presentaranse, no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Toda a información sobre os requisitos para solicita-la bolsa e tamén o impreso podedes descargalos no enlace de abaixo.