mércores, 11 de decembro de 2013

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE NADAL 2013

Ábrese o prazo de inscrición no programa de conciliación de Nadal promovido pola Concellería de Educación

Adrián Varela deu conta do programa de conciliación de Nadal.
Ampliar Adrián Varela deu conta do programa de conciliación de Nadal.
11/12/2013 A partir deste xoves e ata o 16 de decembro estará aberta a inscrición no programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal 2013. A iniciativa comprenderá un conxunto de actividades educativas, deportivas e de lecer que se desenvolverán nos CEIP Pío XII e As Fontiñas, dirixidas aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O programa realizarase do 23 de decembro ao 8 de xaneiro, coa excepción dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa para de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal. Segundo adiantou en rolda de prensa o concelleiro de Educación en funcións, Adrián Varela (en ausencia de María Castelao), poderán participar ata 187 rapaces e rapazas.


As familias poderán inscribir nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. Terán a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos. A inscrición realizarase a través dos rexistros persoal ou auxiliares cubrindo o formulario que estará dispoñible nesta web, no Departamento de Educación ou nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.



O horario será de 7:45 a 15:30 horas. O servizo de madrugadores (aula matinal) funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 15:30 horas, existe a posibilidade de que os rapaces fagan uso do servizo de comedor.


O prezo dependerá das modalidades ofrecidas oscilando dende os 75 euros da opción de só actividades ata os 143 euros da opción máis completa, incluíndo actividades, servizo de madrugadores con almorzo e servizo de comedor. Para familias numerosas os prezos irán dos 60 aos 114,40 euros. En caso de elixir días soltos, o prezo dependerá do número de opcións escollidas.

Máis información e folla de inscrición a descargar AQUÍ.