martes, 18 de xuño de 2013

DOAZÓN DE LIBROS

Se queredes participar no empréstamo solidario de libros entre as familias do noso centro, podedes solicitalo por medio DESTE IMPRESO.


O presente impreso de solicitude é ao mesmo tempo un compromiso de respecto e cumprimento ás normas que a ANPA establece para este Plano de axuda para a obtención de material educativo.

As normas son ben sinxelas:

- Os materiais recíbense en condición de empréstimo, non de propiedade, e ao final de curso hai que devolver todo. Os materiais débense respectar e tratar co máximo coidado posíbel. Fanse Vdes. responsábeis del.

- A perda, maltrato, mal uso ou deterioro innecesario e/ou inxustificado do material, implica devolución do empréstimo íntegro e a reposición ou pago do material afectado.
 
 
Podedes descargar o impreso AQUÍ.
 

COMUNICADO 14. BANCO DE LIBROS

ANPA E CLUBE DEPORTIVO DO CEIP LAMAS DE ABADE(anpaceiplda@yahoo.es)

Comunicado nº 14

Estimadas familias:
A ANPA quere poñer en marcha a finais deste curso un “BANCO DE LIBROS”, para poder usar no vindeiro curso 2013-2014. Esta iniciativa consiste en que se poden entregar os libros utilizados  deste curso polos  vosos fillos e fillas e, a  cambio, pódense recibir  libros do próximo curso.
Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas:
O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilice.
Ás persoas que entreguen os libros, terán dereito a recibir outros.Trátase de facer un reparto equitativo e xusto para todolos solicitantes
As persoas encargadas de recollelos  comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos: borrados, etc).  Cando remate o prazo de entrega os libros recibidos de cada curso se repartirán entre as persoas que entregaran os do curso anterior. Os libros deben coidarse e entregarse de novo en bo estado ( ou repoñerse polo usuario ) ao final do próximo curso.
Os libros que poden formar parte do banco son:
Para os cursos  de 1º, 2º (só lectura de lingua castelá e galega  e libro de ingles),para 3º,4º, 5º e 6º, tódolos libros.

IMPORTANTE:
Para os que entreguen os libros de 6º e vaian estudar en Pontepedriña, organizarase a entrega de libros de 1º da ESO, en coordinación coa ANPA de Pontepedriña, da mesma maneira, repartiranse os libros entregados entre as persoas que deixaran os libros de 6º no seu colexio.

Datas de recollida de libros:
O martes 25 de xuño e ata o mércores 26 de xuño ; en horario de 14:00 a 16:00.
Preparación de lotes o Xoves 27 de Xuño, (para este dia pídese a colaboración dos socios para levalo a cabo) a partir das 14:00 horas.

Datas de entrega de libros:
Venres 28 de xuño e luns 1 de xullo, en horario de 14:00 a 16:00.
Unha vez máis, damos as grazas a todos pola vosa colaboración, entre todos pódese conseguir.