Cando teñamos data para a charla no noso centro, voltaremos a informarvos.
luns, 26 de novembro de 2012
venres, 23 de novembro de 2012
CAMPAMENTO DE NADAL
Comunicado
nº 5
Está
aberta a inscrición para o campamento de Nadal. Farase os días 26, 27 e 28 de Decembro e 2 ,3, 4 e 7 de Xaneiro dende
as 9:00 horas ata as 16:00 horas. O procedemento de inscrición será o de
sempre:
• apuntarse no taboleiro de anuncios
• facer o ingreso na Caixa Galicia: 2080-0349-82-3040002656 (4 euros/día/sen comida) (8 euros/día/con comida)
• entregarlle á coordinadora o justificante (Mamen)
A data límite de anotación é o 12 de Decembro do 2012
• apuntarse no taboleiro de anuncios
• facer o ingreso na Caixa Galicia: 2080-0349-82-3040002656 (4 euros/día/sen comida) (8 euros/día/con comida)
• entregarlle á coordinadora o justificante (Mamen)
A data límite de anotación é o 12 de Decembro do 2012
ANPA E CLUBE
DEPORTIVO DO CEIP LAMAS DE ABADE (anpaceiplda@yahoo.es)
http://anpa-do-ceip-lamasdeabade.blogspot.com/martes, 13 de novembro de 2012
A FEDERACIÓN DE ANPAS SÚMASE Á FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO
Folga Xeral - 14 de novembro
A federación de anpas da área de
Compostela, diante da convocatoria de folga xeral para o próximo día 14 de
novembro, quere expresar publicamente o seu acordo; sumándose así ao inxente
colectivo de movementos sociais, culturais, laborais e económicos que están
apoiando esa xornada de rexeitamento a un modelo político‑económico que non é
igualitario, nin eficaz, nin xusto; que non crea ningunha mellora na actual
crise económica, senón que a empeora; que non oferta expectativas á nosa
xuventude, que desatende os nosos maiores e enfermos, que está a crear unha
sociedade insolidaria e sen futuro.
Estamos a ver cómo se recortan
constantemente as achegas económicas para o ensino público, tanto no seu maior
valor, que é o capital humano, o profesorado; como nas súas infraestruturas, as
súas dotacións, e as súas esperanzas. E tamén estamos a ver, cunha elevadísima
preocupación, cal é a liña na que se pretende cambiar o marco legal que soporta
a nosa educación pública, querendo converter os nosos fillos e fillas en
mercadorías, transformando a educación nunha simple cualificación laboral,
desatendendo o dereito á propia formación, fomentando que os homes e mulleres
do mañá carezan da capacidade de entender, criticar e modificar a súa realidade.
Por iso, porque cremos que o modelo que se
está a deseñar é erróneo, comprometémonos coa expresión pública do noso
desacordo, e esiximos que as medidas, nomeadamente as educativas, que se poidan
adoptar, conten co imprescindible consenso e participación de toda a sociedade;
porque o dereito a cambiar o futuro é de todos, e todos debemos ser escoitados.
Compostela, 12 de
novembro de 2012
Federación de Anpas Compostela
luns, 12 de novembro de 2012
FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO
ANPA DO CEIP LAMAS DE ABADE Santiago a 12 de Novembro de 2012
Realizamos esta comunicación para informar @s pais/nais d@s alumn@s con respeto as medidas adoptadas pola Anpa Lamas de Abade para o vindeiro 14 de Novembro con motivo da Folga Xeral convocada a nivel nacional.
Por unha parte os monitores das actividades teñen o seu dereito como empregados a facer uso do dereito a folgae por outra encontrámonos con que o Instituto F.P. Escola de hostalería non pode facilitalo servizo de comedor como o ven realizando normalmente ; así mesmo os compoñentes da xunta directiva da Anpa Lamas de Abade comunican o seu apoio a folga xeral convocada para este vindeiro Mércores.
Tendo en conta isto e sabendo as necesidades dos seus socios con respeto a conciliación familiar decididiuse manter uns “servizos mínimos” para este dia nos que incluímos o servizo de madrugadores e un de comedor nas instalacións do centro, polo que os pais que decidan mandar os seus fillos deberan enviar tamén comida para o mediodía (comida fría: bocadillos, ensaladas,froita, lácteos…).
Recomendamos non se envíen os rapaces as acitivadades extraescolares, xa non podemos garantir o seu normal desenrolo para ese día.
Así mesmo en caso contrario informamos que o centro manterá abertas as instalacións da biblioteca cun profesor no horario de actividades
xoves, 8 de novembro de 2012
IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell
O Museo Fundación Eugenio Granell coa colaboración do Centro Comercial Área Central convoca o IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell.
1. A finalidade do Certame é impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademáis dos premios que conceda o xurado, o Museo organiza unha exposición, do 19 de decembro de 2012 ao 12 de xaneiro de 2013, coas obras presentadas ao concurso.
2. Poderán concurrir a este Certame tódolos escolares residentes en Galicia de idades comprendidas entres 3 e 5 anos e entre 6 e 12 anos.
3. O xurado, outorgará os 7 seguintes premios por especialidade:
- Debuxo
- Pintura
- Colaxe
- Escultura (construción)
- Fotografía
- Un único premio especial para os nenos entre 3 e 5 anos.
- Premio do público
Ditos premios, cedidos polo Centro Comercial Área Central, consistirán en lotes de material artístico que inclúen: Cabalete de pintor, caixa de madeira para cores e compartimentos para ordenar o material de traballo, dous lenzos para pintura, xogo de tubos de pintura e xogo de pinceis.
4. Neste IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell, invítase ós escolares a realizar obras-agasallo que reflexionen sobre a obra do artista, con motivo da celebración do centenario do seu nacemento (28 de Novembro do 1912), tema no que se basan diversas exposicións: O encontro na poética de Eugenio Granell na Fundación da Cidade da Cultura, A colección étnica de Eugenio Granell no Museo do Pobo Galego, O surrealismo hoxe na Fundación Eugenio Granell, Eugenio Granell no paraíso centroamericano 1940-1956
no Auditorio de Galicia, O espello do pintor. Eugenio Granell nas coleccións institucionais galegas no Centro cultural Novacaixagalicia e, por último, Eugenio Granell. Unha película de veinte minutos no Centro Galego de Arte Contemporánea.
5. Cada autor poderá participar, como máximo, cunha obra de cada categoría, e as súas dimensións non poderán ser superiores a 100 x 100 cm. Non se admitirán as obras protexidas con cristal.
6. As obras deberán presentarse polo autor ou persoa en quen delegue, na Fundación Eugenio Granell -Pazo de Bendaña, Praza do Toural, Santiago de Compostela-, indicando que son para o IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell. Terán que ir asinadas no dorso das mesmas e, no caso dos nenos de 3 a 5 anos, especificar a idade. Deberá incluírse un sobre pechado no dorso da obra cos seguintes datos:
-Nome e apelidos do participante.
-Idade.
-Teléfono de contacto do centro de ensino ou persoal no caso dos participantes individuais.
-Título da obra (se procede).
-Colexio.
-Nome do profesor ou reponsable.
Para facilitar a entrega, as/os profesores poden presentar de maneira conxunta os traballos do alumnado. Só se abrirán os sobres das obras premiadas.
7. O prazo de admisión será do 4 ao 15 de decembro no seguinte horario: martes a sábado de 11.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 20.00 h.
8. O xurado, que estará formado polos membros que no seu día se designen, seleccionará as obras, que axustándose ás bases, considere apropiadas. O xurado está facultado para conceder os premios establecidos na Base 3ª, podendo declarar deserto calquera deles. Tódalas súas decisións serán inapelables. A Fundación-Museo resérvase o dereito a substituir algún dos seus membros no caso de necesidade.
9. A entrega de premios celebrarase na sede da Fundación Granell o 19 de decembro ás 18:30 horas.
10. As obras premiadas pasarán a formar parte dos fondos da Área de Didáctica do Museo da Fundación Eugenio Granell.
11. A retirada das obras efectuarase na sede da Fundación –para o que se deberá presentar o correspondente resgardo–. As obras de escolares da mesma aula que se entregaron todas xuntas, devolveranse da mesma forma á persoa responsable que as depositara, incluindo os sobres pechados dos datos persoais. Transcorrido o prazo dun mes, estimarase que o
autor renuncia a todo dereito sobre a obra presentada, podendo dispor o Museo o
que considere oportuno.
12. As/os gañadores cederán os dereitos de autor co fin de
editar postais que reproduzan as súas obras.
13. Os autores premiados autorizan ao Museo Eugenio
Granell a reproducción, comunicación pública e distribución das súas obras por
cualquera medio de comunicación e internet.
14. O Museo Eugenio Granell declina toda responsabilidade
por perda, roubo, incendio ou cualquera outra causa de forza maior que poida
ocorrer sobre as obras presentadas ao Certame, así como sobre os danos que
poidan sufrir nos actos de recepción e devolución e no tempo que estean baixo a
súa custodia. Non se suscribirá póliza de seguro que cubra tales riscos.
15. A participación neste Certame supón a aceptación por
parte dos autores do contido destas bases, así como a renuncia a cualquera
reclamación legal.
16. Os datos facilitados polos gañadores quedarán
incorporados e trataranse de forma confidencial nun ficheiro chamado "ÁREA
DIDÁCTICA" coa finalidade de xestionar e dar publicidade ao concurso de
arte infantil, polo que necesitaremos o consentemento dos pais ou titores para
o tratamento de ditos datos cando a obra resulte premiada. Para o exercicio dos
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e/ou oposición de ditos datos,
deberán dirixirse ao seguinte enderezo: Fundación Eugenio Granell. Pazo de
Bendaña. Praza do Toural, s/n (CP: 15705 - Santiago de Compostela, A Coruña).
INFORMACIÓN E SOLICITUDE DE
BASES
Na Fundación Eugenio
Granell, Pazo de Bendaña, Praza do Toural, 15705 Santiago de Compostela
Tel. 981576394 / 981572124 www.fundacion-granell.org
Etiquetas:
Actividades externas,
Notas informativas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)