martes, 24 de abril de 2012

PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Plataforma en defensa do ensino público de Santiago de Compostela

Estimadas familias, estimad@s compañeir@s:

Somos un grupo de persoas directamente relacionadas co ensino público –familias e profesionais- moi alarmados polo camiño polo que se está querendo levar ao noso sistema educativo; e entendemos que agora é máis necesaria que nunca a súa defensa.

Por isto, convocamos a todas as persoas interesadas a unha asamblea aberta que terá lugar no CEIP de Fontiñas o 9 de maio ás 20:00 para valorar esta situación así como para debater e decidir actuacións ante o deterioro ó que as actuais medidas conducen á educación pública e ó sistema educativo en xeral.

Agradecemos anticipadamente a vosa colaboración e esperamos a vosa asistencia.