luns, 30 de xaneiro de 2012

ENTROIDO 2012

Dende a federación municipal de ANPAS estamos intentando organizar unha comparsa para participar na cabalgata do Entroido. Pensamos que estíbese enfocada á problemática do ensino que actualmente estamos a sufrir, polo que levaríamos pancartas- reivindicativas nese tema.





Para facela, temos que contar con todos vos, pais nais e nenos e nenas polo que necesitamos saber con antelación canta xente se suma a esta iniciativa, reunimos e comezar a confeccionar o disfráz colectivo e ditas pancartas. Antes do día 27 de Xaneiro debemos ter estas cifras; comunicádello a Mamen ou Inma, ben por teléfono ou en persoa, Tamén podedes escribir un email á conta da ANPA. Logo, faríamos unha reunión para organizalo todo e distribuír tarefas. A idea é facer un disfráz sinxelo, pero unificado entre todos os asistentes.





ANIMÁDEVOS




Unha das propostas que fixemos é a de disfrazarnos todos de material escolar, tal que gomas, afilalápices, libros ou encerados, por exemplo. Fixemos exemplos destes dous últimos. Son muy doados de facer e podedes replicalos vos mesmos axudándovos das fotos e explicacións paso a paso. Botádelles un ollo:




mércores, 25 de xaneiro de 2012

CAMPAMENTO DE ENTROIDO 2012

ANPA E CLUBE DEPORTIVO do CEIP LAMAS DE ABADE
(anpaceiplda@yahoo.es)
http://anpa-do-ceip-lamasdeabade.blogspot.com/

Está aberta a inscrición para o campamento de entroido. Farase os días 20,21 e 22 de febreiro dende as 9:00 ata as 16:00 horas. O procedemento de inscrición será o de sempre:
-Apuntarse no taboleiro de anuncios.
- Facer o ingreso na Caixa Galicia:2080-0349-82-3040002656 (4 euros/día/sen comida e 8 euros/día / con comida).
-Entregarlle á coordinadora o xustificante ( Mamen)

A data límite de anotación é o 10 de febreiro.

FESTA DO ENTROIDO DO 16 DE FEBREIRO

Coma todolos anos, celébrase, neste centro, a festa de ENTROIDO do ANPA que será o día 16, xoves de 16:30 a 18:30. Sempre pedimos a colaboración dos pais e nais para axudar nesta celebración, pero este ano facemos fincapé nelo, para poñer as mesas, servir as bebidas, e, sobre todo, ó remate da festa, colaborar na recollida de todo.
A entrada ao cole farase polo patio cuberto por seguridade dos rapaces e rapazas, quedando aberta únicamente a porta lateral do patio para uso dos baños.
Tamén nos gustaría que aportásedes algo para comer, algún dulce ou especialidade caseira para compatir entre todos nos.



Así mesmo, dicirvos que NON HABERÁ ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NESE DÍA.
Esperamos que asistades todos .



Unha aperta



Santiago, a 23 de Xaneiro do 2012 ANPA CEIP LAMAS DE ABADE

COMPOSTELLA DICITUR

COMPOSTELLA DICITUR. A CIDADE DA CATEDRAL. SANTIAGO EN 1211



Dende a ANPA estamos intentando organizar unhas visitas guiadas para ir ver esta exposición multimedia audiovisual e interactiva sobre Compostela no século XIII e a finalización das obras da catedral de Santiago, que se están a organizar na Casa do Cabildo na Plaza de Praterías. (Soio para alumnos de PRIMARIA) A data que temos reservada é:

VENRES 10 DE FEBREIRO
17:00-18:00 E DE 18:00 A 19:00




O número máximo de prazas é de 40 (20 en cada turno). Saíremos do cole en bus ás 16:15 e a chegada depende da xente que se apunte, igual que o prezo do bus. Se queredes apuntarvos, tedes que facelo antes do día 27 de Xaneiro. Cubride a ficha que abaixo se adxunta e, coma sempre, entregádella a Mamen ou Inma.
Outra opción sería quedar na Praza da Quintana ás 16:30 e alí recoller aos nenos e facer a visita ca ANPA e ó remate, xa os pais recollen nesta praza a cada fillo. Así é de valde. Ó facer a inscripción, señalade cál das dúas opcións queredes.



ANIMÁDEVOS


Se non tedes o impreso de inscripción que se mandou polos nenos, descargádeo AQUÍ