mércores, 1 de xuño de 2011

CAMPAMENTO ITACA

Por si é do voso interese, o campamento de Ítaca.
Unha aperta. Bea.


Ola a todos e todas!

Por fin chegou a noticia que estabades esperando! Xa está todo listo para
o CAMPAMENTO de verán!

ONDE?....12 anos despois Itaca volve a ANTAS DE ULLA! O sitio de
acampada concretamente será en Frádegas, na parroquia de Santa Mariña ( a
uns 9 quilómetros de Antas).

CANDO? do 15 ao 29 de xullo. Esta vez estaremos dúas semanas enteiriñas!

PREZO- 100 € SOCI@S e 200 € NON SOCI@S.

PRAZAS- 35 prazas

PRAZO- ábrese o prazo XA para soci@s e o 1 de xuño ábrese para todo o mundo!

Para apuntarse só hai que enviar un correo a este enderezo reservando
praza e facendo o ingreso antes do 15 de xuño neste número de conta: 2091
0316 91 3040009104 co concepto: Campamento Itaca e o nome d@s nen@s.

Non vos quededes durmidos e reservade xa! pois este ano contamos con
cubrir todas as prazas!

MAGNÍFICAS AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO

No DOG de hoxe publícanse as convocatorias de axudas para os libros de texto, mándovos os enlaces:

Primeiro o que fixa a sistemática para reposición de libros en 3º e 4º de primaria:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110531/AnuncioC3F1-300511-2096_gl.html

Logo, a subvención para libros de 1º, 2º, 5º e 6º
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110531/AnuncioC3F1-300511-2090_gl.html

E por último a subvención para os libros que cambian de idioma en 3º e 4º
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110531/AnuncioC3F1-300511-2095_gl.html

Como veredes, ordes hai moitas, e diñeiro pouco.
Que vos divirtades léndoas.