Estimadas familias,
o próximo martes, 16 de novembro, ás nove da mañá, abrirase o prazo para facer a inscrición nas actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o curso 2021/2022. O prazo remata o venres, 19 de novembro, ás 16:00 h. Non se admitirán solicitudes presentadas antes de tempo.
Recordade que para que unha actividade poida desenvolverse, deberá ter un mínimo de 10 inscricións. O número máximo de usuarios e os prezos veñen reflectidos no cadro seguinte.
Como en cursos anteriores, as prazas asignaranse segundo a orde de inscrición, tendo preferencia aquelas persoas que estiveran anotadas na actividade o último curso no que se realizaron.
O pagamento das actividades extraescolares ofertadas pola ANPA realizarase mensualmente, entre os días 1 e 10 de cada mes.
O formulario para inscribirse nas actividades extraescolares organizadas pola ANPA enviarase preferentemente por correo electrónico a Mamen, a coordinadora da ANPA (coordinadoralamas@gmail.com) ou entregarase en formato papel.
Aquelas familias que desexen facer uso da Ludoteca da Federación de ANPAS deberán cubrir o formulario da propia federación, seguindo as indicacións sobre inscrición e pagamento que se inclúen no mesmo. Estas solicitudes haberá que envialas ao enderezo electrónico santiago@actex.es.
A inscrición nas actividades supón a aceptación das normas xerais da ANPA que podedes consultar neste mesmo blog, no apartado de Normas Xerais. Polo tanto, segundo o establecido no apartado G, punto 1, aquelas familias que non sexan socias da ANPA deberán abonar 27 € en concepto de matrícula e pagar o correspondente seguro escolar.
O mércores 24 informaremos ás familias sobre a adxudicación de prazas e sobre o comezo das actividades, que en principio será o luns, 29 de novembro.
Por último, sinalar que mentres duren as medidas pola COVID-19, a duración das actividades terá que ser de 50 minutos para que dea tempo a facer as tarefas de desinfección entre cada actividade. Ademais, as nenas e nenos deberán traer unha mascarilla cirúrxica nova para usar despois do comedor, e no caso de actividades deportivas, unha por cada unha das actividades que realicen.
Aquí podedes consultar o dosier con toda a información sobre cada unha das actividades.
Formulario Ludoteca Federación.
Un saúdo.